RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A leva un espectacular derbi ante o Celta

Os espectadores de Gol puideron presenciar a través das cámaras de televisión, así como os afeccionados na bancada principal de Abegondo, un espectacular derbi galego xuvenil, na 12ª xornada da División de Honra.

Adiantouse o Celta pronto no marcador e, co Xuvenil A apertando en busca do empate, mesmo ampliou o cadro vigués diferenzas até un 0-2 que parecía case definitivo.

Pero o equipo de Rubén Coméndez apertou os dentes, recortou diferenzas (1-2) antes do descanso e, na segunda metade, deulle a volta ao marcador até o definitivo 4-2. Pedro -2- e dous futbolistas célticos en propia meta foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Xuvenil A é terceiro na táboa con 24 puntos, a 1 punto do Celta, segundo con 25, e a 3 puntos do Sporting de Gijón, líder con 27 puntos.

Xuvenil A: Brea, Valín, Jiménez, Mujaid, Iago Parga, Gandoy, Sito, Sandá, Mosquera, Ortuño e Porrúa. Tamén xogaron: Joel, Sebas, Boedo e Pedro.

O vindeiro domingo, o Xuvenil A visita ao Atlético Perines.

Os resultados até a data do Xuvenil A foron os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano 2000 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)
Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1
Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-)
Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1
Pontevedra 1 - Xuvenil A 1 (Sito)
Xuvenil A 6 (Sito, Joel, Manu Mosquera, Porrúa e Pedro -2-) - Santiago de Compostela 1
Lugo 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Kilian) - Areosa 0
Sporting de Gijón 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Pedro -2- e futbolistas rivais en propia meta -2-) - Celta A 2