RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A mantense líder coa súa pelexada vitoria en Abegondo ante o CD Choco

O Xuvenil A mantense á fronte do subgrupo A da División de Honra grazas a un traballado triunfo en Abegondo (3-1) ante o CD Choco, en choque correspondente á 6ª xornada.

Desta forma, os branquiazuis suman 13 puntos por 10 puntos do RC Celta, segundo clasificado aínda que este con un partido menos.

O cadro redondelano non fincou o xeonllo en ningún momento e obrigou aos pupilos de Óscar Gilsanz a pelexar cada balón practicamente até o asubío final.

Mario, Do Carmo e Nájera, este último no desconto, foron os goleadores branquiazuis.

Xuvenil A: Brais, Víctor Guerra, Mauro, Trilli, Dani Barcia, Brais Val, Padín, Mario, Noel, Urdiales e Peke. Tamén xogaron: Nájera, Do Carmo, Nico e Raúl.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Racing de Ferrol.

Os resultados do Xuvenil A en liga son os seguintes:

CD Lugo 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Do Carmo -2-, Padín e Nájera -2-) - CD Calasanz 1
CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil A 1 (Padín)
Xuvenil A 2 (Peke -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0
RC Celta 1 - Xuvenil A 2 (Peke e Do Carmo)
Xuvenil A 3 (Mario, Do Carmo e Nájera) - CD Choco 1