RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A non dá marxe á sorpresa ante o pechacancelas Pabellón

O Xuvenil A non perdoou ao pechacancelas Pabellón (1-6) no último partido de liga deste ano 2016. Mosquera, Porrúa -3- , Pedro e Sito foron os autores dos goles branquiazuis nun partido dominado polo Dépor de principio a fin.

Con este resultado, o Xuvenil A mantense na zona alta da División de Honra con 32 puntos.

Xuvenil A: Ramón, Carracedo, Boedo, Mujaid, Joel, Gandoy, Adrián, Ortuño, Pedro, Mosquera e Porrúa. Tamén xogaron: Sito, Iago Novo, Aarón e Sebas.

O equipo márchase de vacacións do Nadal. O primeiro partido do ano 2017 será en Abegondo o 8 de xaneiro ante o Bansander.

Os resultados ata a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Celta A 3 - Xuvenil A 2 (Adri e Iago Novo)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Pabellón 0
Bansander 2 - Xuvenil A 1 (Sandá)
Xuvenil A 3 (Sito -2- e Adrián) - Racing de Santander 0
Lugo 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - Santiago de Compostela 2
Xuvenil A 2 (Ortuño e Aarón) - Tropezón 1
Oviedo 4 - Xuvenil A 4 (Pedro -2-, Ortuño e Boedo)
Xuvenil A 2 (Pedro e Boedo) - Sporting de Gijón 1
Roces 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Xuvenil A 2 (Adrián e Pedro) - Alondras 2
Avilés 1 - Xuvenil A 3 (Boedo, Gandoy e Adrián)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Areosa 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 3 (Pedro e Boedo -2-)
Xuvenil A 7 (Mujaid, Adrián -2-, Pedro, Boedo e Mosquera -2-) - Mariña Sport 0
Xuvenil A 0 - Celta 3
Pabellón 1 - Xuvenil A 6 (Mosquera, Porrúa -3-, Pedro e Sito)