RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A non puido dobregar a un Sporting de Gijón que acabou con 9

O Xuvenil A, que foi sempre a remolque no marcador, non puido dobregar (2-2) en Abegondo a un rochoso Sporting de Gijón, que xogou a última media hora en inferioridade numérica por expulsións: primeiro con 10 xogadores e os últimos 5 minutos con 9.

Pol e Víctor Guerra foron os autores dos goles branquiazuis deste partido correspondente á 7ª xornada na División de Honra.

Este resultado deixa ao Xuvenil A 4º na táboa con 14 puntos.

Xuvenil A: Alberto, Iván, Pol, Yuste, Juan Rodríguez, Mario, Litos, Prendes, Paulo, Barba e Peke. Tamén xogaron: Pablo Fraga, Jorge Sarmiento, Víctor e Luque.

O vindeiro sábado 26 de outubro ás 18:00 toca derbi coruñés ante o Ural CF, na Grela 1.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2