RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Xuvenil A recibe mañá en Abegondo ao Racing de Santander, coas cámaras de Gol TV en directo

  As cámaras en directo de Gol TV serán testemuñas mañana domingo do partido da División de Honra entre o Xuvenil A e o Racing de Santander, ás 12.00 en Abegondo. Os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deporti

Tamén mañá domingo, a Fabril visita ás Ordes, agora mesmo pechacancelas da categoría, co obxectivo de sumar os 3 puntos.
 
Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Ramón, Anxo, Blas, Quique Fornos, Arnau, Naveira, Nacho Monsalve, Jorge Carreón, Hugo Rama, Alex Corredera, Óscar, Jardel, Álvaro, Bamba, Borja Galán e Borja Domingo.
 
Hoxe sábado, Cadete B, Infantil A e Infantil B xogaron e gañaron os seus partidos ligueiros en Abegondo. Os tropezos foron na Grela ante a Vitoria: derrota do Xuvenil B e empate do Cadete A.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
ORDENES - FABRIL, o domingo 25 de setembro ás 17.30 no campo Vista Alegre de Ordes
 
Categoría Feminina
 
Primeira División Autonómica, terceira xornada: PORTONOVO - DEPORTIVO FEMININO B, o domingo 25 de setembro ás 17.30 no campo de Ou Revel (Vilalonga)
 
Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A - REAL RACING CLUB DE SANTANDER, o domingo 25 de setembro ás 12.00 en Abegondo (campo 1)
 
Liga Nacional, terceira xornada: VITORIA 1 - XUVENIL B 0
 
Categoría Cadete
 
División de Honra, terceira xornada: VITORIA 2 - CADETE A 2 (Pichu -2-)
 
Liga Galega, grupo norte, terceira xornada: CADETE B 3 (Martínez, Mario e Iván) - BERTAMIRÁNS 1
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo norte, terceira xornada: INFANTIL A 9 (Novoa -3-, Axel -2-, Jairo, Buján, Noel e Jorge) - ONCE CABALEIROS 0
 
Primeira Autonómica, grupo 1º, terceira xornada: INFANTIL B 15 (Álvaro, Roque -2-, Lombao -2-, Trigo -3-, Hugo Baldomar -2-, Alex, Quique -2- e Dani -2-) - RAIO SADENSE 0