RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A rescata un punto en Ferrol grazas a un gol de Noel

O Xuvenil A rescatou un punto na Gándara ante o Racing de Ferrol (1-1) grazas a un gol de Noel a tres minutos para o final do partido, correspondente á 7ª xornada no subgrupo A da División de Honra.

Os de Óscar Gilsanz non tiveron hoxe o seu día e de feito víronse obrigados a xogar co marcador en contra desde o minuto 20.

Con este marcador, o Xuvenil A suma 14 puntos e cede o liderado do subgrupo en favor do RC Celta, que ten 16.

Xuvenil A: Brais, Víctor Guerra, Mauro, Nico, Dani Barcia, Brais Val, Canales, Mario, Do Carmo, Nájera e Padín. Tamén xogaron: Álex González, Noel, Urdiales e Diego Gómez.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Pabellón Ourense CF.

Os resultados do Xuvenil A en liga son os seguintes:

CD Lugo 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Do Carmo -2-, Padín e Nájera -2-) - CD Calasanz 1
CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil A 1 (Padín)
Xuvenil A 2 (Peke -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0
RC Celta 1 - Xuvenil A 2 (Peke e Do Carmo)
Xuvenil A 3 (Mario, Do Carmo e Nájera) - CD Choco 1
Racing de Ferrol 1 - Xuvenil A 1 (Noel)