RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A rescatou un punto no 93 nun partido que rematou con incidentes

O Xuvenil A sumou un punto na localidade cántabra de Tanos ante o Tropezón (1-1), grazas a un claro penalti materializado por Gandoy no minuto 93.

Esta circunstancia desatou as iras da afección do Tropezón, un equipo que se xoga a permanencia e que xa vía os 3 puntos na súa conta. Tanto o colexiado do partido, o cántabro David Ruiz Rodiño, como os futbolistas, técnicos e auxiliares deportivistas foron insultados e empuxados polos afeccionados locais no traxecto final do terreo de xogo aos vestiarios, tal e como se recolle no acta do partido.

O partido, que se celebrou con vento, choiva e frío, non foi vistoso. Adiantouse o Tropezón no minuto 23, quizais no seu único achegamento á meta do Xuvenil A en os 93 minutos de xogo. O Xuvenil A tentou o empate aínda que con escaso acerto, ata esa xogada final, sinalada como pena máxima.

Con este resultado, o Xuvenil A mantense terceiro na clasificación do grupo 1º da División de Honra con 45 puntos, a 8 puntos do líder, o Sporting de Gijón.

Xuvenil A: Chema, Víctor, Boedo, Mujaid, Nico, Gandoy, Adrián, Ortuño, Pedro, Manu Mosquera e Porrúa. Tamén xogaron: Aarón, Sebas, Sito e Joel.

O vindeiro sábado 11 de marzo ás 12:00, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Real Oviedo, en partido televisado en directo por Gol TV.

Os resultados ata a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Celta A 3 - Xuvenil A 2 (Adri e Iago Novo)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Pabellón 0
Bansander 2 - Xuvenil A 1 (Sandá)
Xuvenil A 3 (Sito -2- e Adrián) - Racing de Santander 0
Lugo 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - Santiago de Compostela 2
Xuvenil A 2 (Ortuño e Aarón) - Tropezón 1
Oviedo 4 - Xuvenil A 4 (Pedro -2-, Ortuño e Boedo)
Xuvenil A 2 (Pedro e Boedo) - Sporting de Gijón 1
Roces 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Xuvenil A 2 (Adrián e Pedro) - Alondras 2
Avilés 1 - Xuvenil A 3 (Boedo, Gandoy e Adrián)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Areosa 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 3 (Pedro e Boedo -2-)
Xuvenil A 7 (Mujaid, Adrián -2-, Pedro, Boedo e Mosquera -2-) - Mariña Sport 0
Xuvenil A 0 - Celta 3
Pabellón 1 - Xuvenil A 6 (Mosquera, Porrúa -3-, Pedro e Sito)
Xuvenil A 7 (Mosquera -4-, Porrúa, Pedro e Gandoy) - Bansander 3
Real Racing Club 2 - Xuvenil A 3 (Joel, Mosquera y Pedro)
Xuvenil A 3 (Pedro, Gandoy e Adrián) - Lugo 1
Santiago de Compostela 1 - Xuvenil A 5 (Pedro -3-, Boedo e Aarón)
Tropezón 1 - Xuvenil A 1 (Gandoy)