RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A tombou na segunda metade a férrea resistencia do Bansander

Os goles de Nájera, este en dúas ocasións, e Mario dobregaron na segunda metade a férrea resistencia do Bansander (3-0), en partido correspondente á 17ª xornada, última da primeira volta, no grupo 1º da División de Honra.

O horario coincidiu co do primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR fronte ao CF Talavera, pero os cántabros, con todo organizado para viaxar a esa hora, non deron o visto e prace a un cambio de hora e/ou de día.

Con este resultado, o equipo que prepara Manuel Pablo continúa segundo na táboa con 42 puntos, a 5 do líder, o RC Celta.

Xuvenil A: Brais, Nacho, Manu Berrocal, Seydiba, Mario, Rubén, Garaboa, Nájera, Trigo, Diego Gómez e Padín. Tamén xogaron: Álex González, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Embid.

A próxima semana hai parón ligueiro. O Xuvenil A regresa á competición o 22 ou 23 de xaneiro en Abegondo ante o Real Oviedo.

Os resultados do Xuvenil A até a data en liga son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 2 (Diego e Hugo Baldomar)
Xuvenil A 3 (Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego) - CD Marina Sport 0
Sporting de Gijón 3 - Xuvenil A 3 (Rubén e Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 6 (Diego -3-, Mato -2- e Álex González) - CD Arenal 1
RC Celta 2 - Xuvenil A 1 (Nacho)
Xuvenil A 4 (Diego -2-, Jairo e Padín) - ED Val Miñor Nigrán 0
Ural Español CF 0 - Xuvenil A 1 (Martín Ochoa)
Xuvenil A 0 - SD Compostela 0
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 1 (Diego)
Xuvenil A 3 (Nájera -2- e Mario) - Bansander 0