RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Xuvenil A tropeza co Marina Sport pero mantense líder no arranque da segunda fase

O Xuvenil A, que accedeu á Segunda Fase para a Copa de Campións como brillante campión do subgrupo A de a División de Honra, arrincou en Santa Cruz de Bezana (Cantabria) fronte ao CD Marina Sport esta segunda parte da temporada.

Os branquiazuis adiantáronse no marcador con dous tantos de Noel e cando parecía que o triunfo estaba encarrilado, o partido virou para o bando local, que foi capaz de empatar (2-2).

Ademais, Óscar Gilsanz, que non puido contar con varios dos seus xogadores por ser convocados por Valerón para o Fabril, caso de Juan Rodríguez, Guille Bueno, Yeremay e o meta Brais, viu como o seu porteiro Adrián Pereda tivo que pedir o cambio por lesión. Acabou pois Rodrigo, porteiro do Xuvenil B, defendendo a portería deportivista en Cantabria.

O formato de competición é de liga a unha soa volta co cinco primeiros clasificados do subgrupo B como rivais: Sporting de Gijón, Real Racing Club de Santander, Atlético Perines, Bansander e o citado CD Marina Sport.

Arrástranse os puntos da Primeira Fase; por conseguinte, o Xuvenil A suma após este primeiro partido 46 puntos na primeira posición, cos mesmos puntos que o RC Celta.

Só o campión e o mellor segundo do sete grupos xogarán a Copa de Campións.

Xuvenil A: Adrián, Quique Teijo, Trilli, Nico, Dani Barcia, Mario, Nájera, Raúl, Noel, Jairo e Mella. Tamén xogaron: Rodrigo, Urdiales, Canales, Víctor e Padín.

O próximo rival do Xuvenil A, en Abegondo o domingo 18, será o Bansander.