RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A tropeza en Abegondo co CD Covadonga

O Xuvenil A tropezou (1-1) en Abegondo co CD Covadonga e deixouse 2 puntos neste encontro da 10ª xornada na División de Honra.

Os ovetenses, situados en postos de descenso, adiantáronse na primeira metade e só puido igualar o equipo de Manuel Pablo no minuto 75, grazas a un tanto de Álex Delgado.

A pesar deste resultado, o Xuvenil A suma 24 puntos e mantense na pelexa co liderado co RC Celta.

Xuvenil A: Lemos, Mardones, Manu Berrocal, Quique Teijo, Seydiba, Rubén, Álex Delgado, Hugo, Garaboa, Montero e Ogando. Tamén xogaron: Carlos, Carreira, Hugo Baldomar, Kevin e Noah.

No conxunto de Manuel Pablo xogou na segunda parte Kevin, que esta semana estivo concentrado coa selección española sub-18 para disputar dous amigables ante Suíza. O pasado martes, o canteirán branquiazul foi titular e o xoves saltou ao campo no transcurso da segunda metade no segundo dos partidos entre ambos os combinados nacionais. De regreso á liga, o seu olfacto goleador non puido axudar esta vez ao equipo deportivista.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Coruxo FC.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)
Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1