RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A xa coñece aos seus rivais no grupo 1º da División de Honra

O Xuvenil A que prepara Óscar Gilsanz xa coñece aos seus rivais no grupo 1º da División de Honra, que son os seguintes: Real Racing Club, Bansander, Atlético Perines, CD Marina Sport, CD Tropezón, RC Celta, ED Val Miñor Nigrán, CD Lugo, CD Conxo Santiago, Ural CF, Racing de Ferrol, Pabellón Ourense, CD Choco, CD Calasanz, Real Oviedo, Sporting de Gijón, TSK Roces, Real Avilés CF e CD Arenal.

Este grupo quedará dividido en 2 subgrupos, A e B, no que os clubs participantes enfrontaranse a dobre volta.

Os 5 primeiros postos de cada subgrupo accederán á Segunda Fase para a Copa de Campións mentres que os clasificados nas restantes posicións accederán á Segunda Fase pola Permanencia en División de Honra.

Os puntos obtidos, así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase, comezando cada equipo a súa fase específica cos puntos e goles obtidos na Primeira Fase.

Na Segunda Fase para a Copa de Campións, os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a unha volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular.

A clasificación realizarase mediante o sistema de puntos, establecéndose a clasificación final con arranxo aos puntos obtidos por cada un dos clubs contendentes, a razón de tres puntos por partido gañado, un por empatado e cero por perdido, aos que se engadirán os puntos, así como os goles en prol e en contra e os resultados obtidos na Primeira Fase. O primeiro equipo clasificado, ademais do mellor segundo de entre os 7 grupos, clasificaranse para a Copa de Campións.

Na Fase pola Permanencia, os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a unha volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular.

A clasificación realizarase mediante o sistema de puntos, establecéndose a clasificación final con arranxo aos puntos obtidos por cada un dos clubs contendentes, a razón de tres puntos por partido gañado, un por empatado e cero por perdido, así como os goles en prol e en contra e os resultados obtidos na Primeira Fase. O seis últimos clasificados de cada grupo descenderán a Liga Nacional.

O Xuvenil A, dirixido por Óscar Gilsanz, arrincou a pretemporada o pasado 12 de agosto.