RCD / NOVAS

O Xuvenil B arranca a Liga Nacional o próximo 19 de setembro

16/08/2021 18:48

O Xuvenil B iniciará o próximo 19 de setembro a defensa do seu título de campión da Liga Nacional.

Esta temporada, o formato de competición será de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de 34 xornadas. Os dous primeiros ascenderán á División de Honra e os dous últimos perderán a categoría.

Os rivais do Xuvenil B que dirixe Álex Antón son os seguintes: RC Celta B, Alondras CF, CD Areosa, ED Val Miñor B, Arosa SC, Racing Villalbés, CD Lugo B, Porriño Industrial, Coruxo FC, CD Choco, CD Calasanz, CD Conxo Santiago, Racing de Ferrol, Bergantiños CF, Ural Español CF B, Pabellón CF B e Colegio Hogar SR.