RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B arrinca 2020 subido á onda boa coa que acabou 2019

O Xuvenil B gañou con claridade (6-0) ao Porriño Industrial CF, en partido correspondente á 16ª xornada na liga Nacional, que foi suspendida o pasado 21 de decembro de acordo coa alerta meteorolóxica emitida pola Xunta de Galicia para ese día.

Álex González, Nájera (2), Do Carmo (2) e Hugo Baldomar foron os goleadores branquiazuis nun partido no que os pupilos de Jaime demostraron iniciar 2020 na onda boa coa que concluíron 2019.

Con este resultado, o Xuvenil B é 2º na táboa con 37 puntos, a 6 de desvantaxe do RC Celta B, líder con 43.

Xuvenil B: Brais, Axel, Álex González, Carracedo, Dani Barcia, Álex Mellid, Nájera, Portas, Do Carmo, Jairo e Nils. Tamén xogaron: Hugo Baldomar, Mario, Antón e Ian Tovar.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao CD Areosa.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel)
Xuvenil B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - Victoria CF 0
UD Ourense 0 - Xuvenil B 3 (Nájera, Jairo e Nils)
Xuvenil B 5 (Do Carmo -2-, Padín -2- e Urdiales) - SD O Val 1
CD Choco 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Hugo Baldomar)
Xuvenil B 4 (Nájera -2-, Noel e Padín) - EF Lalín 1
Racing Villalbés 1 - Xuvenil B 2 (Jairo e Hugo Baldomar)
Xuvenil B 6 (Álex González, Nájera -2-, Do Carmo -2- e Hugo Baldomar) - Porriño Industrial CF 0