RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B arrinca en Vilalba a liga Nacional con bo pé

O Xuvenil B arrincou con bo pé a liga Nacional, no seu subgrupo A, ao imporse (0-4) no Estadio Roca de Vilallba ao Racing Villalbés.

O encontro pronto se puxo de cara para os pupilos de Alejandro Antón e Aldo Duscher grazas a un tanto de Diego Gómez aos 7 minutos. Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa completaron a conta.

Xuvenil B: Ríos, Quique, Nico, Seydiba, Mario, Rubén, Cristian, Embid, Trigo, Diego e Hugo Baldomar. Tamén xogaron: Roque, Martín Ochoa, Íker, Carlos e Nacho.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao EF Lalín.