O Xuvenil B dobrega ao Colegio Hogar e acaba 2021 na segunda praza da liga Nacional
O Xuvenil B venceu en Vigo ao Colegio Hogar SR (1-2), en partido correspondente á 14ª xornada, e acaba o ano 2021 con 32 puntos na segunda praza da liga Nacional, empatado co CD Lugo B. Só o RC Celta B, con 37, marcha por diante.
Nico e David López foron os autores dos goles en dous minutos decisivos para a sorte do partido (minutos 54 e 56).
Xuvenil B: Nuno, Álvaro, Ogando, Rubén, Nico, David Carreira, Noah, Pedro, David López, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Jorge García, Gabri, David Domínguez, Hugo García e Marco Baña.
A competición renovarase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022 coa visita a Abegondo do Arosa SC.
Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:
Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado) Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0 Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-) Xuvenil B 1 (Álvaro Mardones) - RC Celta B 0 Racing de Ferrol 1 - Xuvenil B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira) Xuvenil B 6 (Álex Delgado -2-, Ogando, Kevin, Nico e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2 Bergantiños CF 1 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado) Xuvenil B 0 - CD Choco 1 CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil B 0 Xuvenil B 4 (Rubén, Álvaro Mardones, Ogando e Kevin) - Coruxo FC 1 Pabellón Ourense CF 2 - Xuvenil B 2 (Rubén e Adrián Lombao) Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Montero) - CD Areosa 1 Xuvenil B 1 (David López) - Racing Villalbés 0 Colegio Hogar SR 1 - Xuvenil B 2 (Nico e David López)