O Xuvenil B empata en Nigrán e non puido estrear a súa marcadora de vitorias lonxe de Abegondo
O Xuvenil B empatou en Nigrán (2-2) ante o ED Val Miñor Nigrán en partido correspondente á 10ª xornada na liga Nacional e non puido estrear a súa marcadora de vitorias lonxe de Abegondo. No que vai de liga, o cadro deportivista suma 1 derrota e 4 empates.
Guerrero adiantou aos branquiazuis á media hora de partido pero os locais déronlle a volta en 3 fatídicos minutos da segunda metade. Jacobo, no 81, rescatou polo menos un punto para o equipo que prepara Miguel Figueira.
Con este resultado, o Xuvenil B suma 17 puntos na 6ª posición da táboa.
Xuvenil B: Román, Álvaro Otero, Pablo Parada, Martiño, Jacobo, Dani Estévez, Guerrero, Zoe, Mesfin, Manu Ferreiro e José Rey. Tamén xogaron: Domínguez, Samuel, Javi Fernández, Carlos e Hugo Torres.
A próxima fin de semana o Xuvenil B ten unha nova oportunidade de estrearse como vencedor lonxe da Cidade Deportiva nesta temporada, xa que toca visita ao UD Ourense.
Os resultados até a data do Xuvenil B son os seguintes:
Xuvenil B 0 - CVC Valladares 0 ED Xuventude de Oroso 3 - Xuvenil B 2 (Mesfin e Rubén) Xuvenil B 3 (Mesfin -2- e Lucas) - Alondras CF 0 Pontevedra CF 0 - Xuvenil B 0 Xuvenil B 4 (Guerrero -2-, Jacobo e Domínguez) - Racing de Ferrol 1 Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Xuvenil B 1 (Jacobo) Xuvenil B 3 (Dani Estévez, Domínguez e Jacobo) - Bergantiños CF 1 CD Choco 2 - Xuvenil B 2 (Juan Barros e Mesfin) Xuvenil B 4 (Jacobo, Mesfin, Guerrero e Domínguez) - CD Lugo B 1 ED Val Miñor Nigrán 2 - Xuvenil B 2 (Guerrero e Jacobo)