RCD / NOVAS

O Xuvenil B escala á 7ª praza coa súa vitoria sobre o CVC Valladares

20/10/2019 15:15

O Xuvenil B suma 10 puntos e xa é 7º na Liga Nacional co seu triunfo (1-3) en Vigo ante o CVC Valladares, en partido correspondente á 7ª xornada.

Noel -2- e un futbolista rival en propia meta foron os autores dos goles branquiazuis, equipo que segue coa súa traxectoria ascendente após un comezo titubeante.

Xuvenil B: Adrián Pereda, Concheiro, Añón, Carracedo, Mauro, Pablo Martínez, Aye, Antón, Noel, Urdiales e Nájera. Tamén xogaron: Jairo, Portas, Álex Mellid e Ian Tobar.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Pontevedra CF.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)