RCD / NOVAS

O Xuvenil B escápase cos 3 puntos do difícil Estadio Roca de Vilalba

14/12/2019 13:50

O Xuvenil B prolonga a súa serie a 10 partidos consecutivos gañados após lograr os 3 puntos no sempre difícil Estadio Roca de Vilalba (1-2).

Os goles de Jairo e Hugo Baldomar, este último na recta final, foron decisivos nun choque ante o Racing Villalbés marcado polo mal estado do terreo de xogo local.

Co resultado deste encontro correspondente á 15ª xornada, o Xuvenil B é 2º na táboa con 34 puntos, a 6 puntos de distancia do líder, o RC Celta B, que ten 40.

Xuvenil B: Brais, Álex Mellid, Álex González, Carracedo, Dani Barcia, Pablo Martínez, Nájera, Portas, Do Carmo, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Hugo Baldomar, Ian Tobar e Antón.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B pecha o ano 2019 en Abegondo ante o Porriño Industrial CF.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel)
Xuvenil B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - Victoria CF 0
UD Ourense 0 - Xuvenil B 3 (Nájera, Jairo e Nils)
Xuvenil B 5 (Do Carmo -2-, Padín -2- e Urdiales) - SD O Val 1
CD Choco 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Hugo Baldomar)
Xuvenil B 4 (Nájera -2-, Noel e Padín) - EF Lalín 1
Racing Villalbés 1 - Xuvenil B 2 (Jairo e Hugo Baldomar)