O Xuvenil B imponse ao CD Calasanz após un últimos vinte minutos frenéticos
O Xuvenil B impúxose (2-3) ao CD Calasanz en partido correspondente á 16ª xornada na liga Nacional disputado no campo coruñés de San Pedro de Visma 1.
O partido chegou con empate sen goles ao minuto 67, momento no que se adiantou o conxunto colexial. A partir de aí sucedéronse os goles e as alternativas no marcador, aínda que foron os branquiazuis os que amarraron o tres puntos grazas aos goles de Kevin -2- e Álex Delgado.
Con este marcador, o Xuvenil B suma 38 puntos na pelexa co RC Celta B polo liderado da categoría.
Xuvenil B: Lemos, Mardones, Gabri, Rubén, Hugo García, Carreira, Álex Delgado, Pedro, Kevin, Marco Baña e Ogando. Tamén xogaron: Álvaro Otero, Montero, Carlos, David López e Nico.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Alondras CF.
Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:
Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado) Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0 Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-) Xuvenil B 1 (Álvaro Mardones) - RC Celta B 0 Racing de Ferrol 1 - Xuvenil B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira) Xuvenil B 6 (Álex Delgado -2-, Ogando, Kevin, Nico e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2 Bergantiños CF 1 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado) Xuvenil B 0 - CD Choco 1 CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil B 0 Xuvenil B 4 (Rubén, Álvaro Mardones, Ogando e Kevin) - Coruxo FC 1 Pabellón Ourense CF 2 - Xuvenil B 2 (Rubén e Adrián Lombao) Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Montero) - CD Areosa 1 Xuvenil B 1 (David López) - Racing Villalbés 0 Colegio Hogar SR 1 - Xuvenil B 2 (Nico e David López) Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Ogando) - Arosa SC 0 CD Calasanz 2 - Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Álex Delgado)