RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B imponse en Porriño con dobrete de Rojo

Dous goles de Rojo, un en cada tempo, deron o triunfo ao Xuvenil B en Porriño (0-2), en partido da 12ª xornada na Liga Nacional.

O partido, a trazos xerais, foi dominado polo equipo deportivista, sobre todo na primeira metade.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 23 puntos e sitúase na cuarta praza da categoría.

Xuvenil B: Alberto, Iván, Borja, Fraga, Álvaro, Barbeito, Ernesto, Sarmiento, Rojo, César e Pichu. Tamén xogaron: Pedro, Antón, Íñigo, Julián e Paulo.

A vindeira fin de semana toca derbi co Celta B, líder da categoría, en Abegondo.

Os resultados até a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes:

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)
Xuvenil B 5 (Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - Compostela 0
Coruxo 1 - Xuvenil B 1 (Rojo)
Xuvenil B 2 (César e Pichu) - Lugo B 4
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián, Pichu -2-, Paulo e Litos) - Santa Mariña 0
Pabellón Ourense 1 - Xuvenil B 1 (Kilian)
Xuvenil B 6 (Kilian -2-, Barbeito, Rojo -2- e Paulo) - Victoria 1
Porriño 0 - Xuvenil B 2 (Rojo -2-)