RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B mantén ante o CD Lugo B a súa inmaculada traxectoria na Liga Nacional

O Xuvenil B mantén ante o CD Lugo B o seu impecable camiño na Liga Nacional. Os branquiazuis impuxéronse (6-2) aos lucenses, que se adiantaron no marcador ao minuto de xogo, e contan todos os seus partidos até agora, seis en total, por vitorias: 18 puntos na clasificación de 18 posibles que os manteñen en solitario á fronte da clasificación, con dous puntos de vantaxe sobre o CD Calasanz.

Álex Delgado -2-, Ogando, Kevin, Nico e un futbolista rival en propia meta foron os goleadores do Xuvenil B ante o CD Lugo B.

Xuvenil B: Lemos, Álvaro, Gabri, Rubén, Nico, Carreira, Álex Delgado, Pedro, Kevin, Adrián Lombao e Ogando. Tamén xogaron: Marco Baña, David Domínguez, Hugo García, David López e Nuno.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visitará ao Bergantiños CF.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0
Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-)
Xuvenil B 1 (Álvaro Mardones) - RC Celta B 0
Racing de Ferrol 1 - Xuvenil B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira)
Xuvenil B 6 (Álex Delgado -2-, Ogando, Kevin, Nico e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2