RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
XUVENÍS

O Xuvenil B non falla ante o Calasanz

Os goles de Kilian e Vermello deron a vitoria (2-0) ao Xuvenil B sobre o Calasanz, nun resultado que cabe cualificar como xusto. Con este tres puntos, o Xuvenil B é cuarto con 14 puntos, a 5 puntos do líder, o Celta B, que ten 19.

Xuvenil B: Pachi, Valín, Oski, Álvaro, Celeiro, Antón, Kilian, Vermello, Rivera, César e Muri.Tamén xogaron: Armas, Loren, Diego e Íñigo.
 
O próximo rival do Xuvenil B será o Coruxo.
 
Os resultados do Xuvenil B ata a data son estes:
 
Lugo 2 - Xuvenil B 2 (Celeiro e Vermello)
Xuvenil B 4 (Rivera -2-, Vermello e Kilian) - Barbadás 1
Vitoria 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 2 (Vermello e Muri) - Santa Mariña 2
Xuvenil B 4 (Armas -2-, Valín e Vermello) - Racing Vilalbés 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Loren e Valín)
Xuvenil B 2 (Kilian e Vermello) - Calasanz 0