RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil B, pendente de coñecer aos seus rivais do subgrupo de Liga Nacional

O Xuvenil B está á espera de coñecer nos próximos días o subgrupo da liga Nacional no que quedará encadrado na primeira fase da competición.

O conxunto deportivista de Álex Antón e Aldo Duscher enfrontarase nunha liga a dobre volta co resto de equipos dese subgrupo.

Segundo informou a Federación Española, os primeiros clasificados accederán á Segunda Fase para o ascenso á División de Honra; mentres que os restantes acceden á Segunda Fase pola Permanencia.

Os puntos obtidos así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase.

Tanto na Segunda Fase polo ascenso como pola Permanencia, os equipos do subgrupo A enfrontaranse aos do subgrupo B, a unha volta, sen poder enfrontarse aos equipos cos que estiveron encadrado no mesmo subgrupo da Primeira Fase.

O Xuvenil B arrincou a pretemporada o pasado 12 de agosto, do mesmo xeito que outros dous equipos de #ANOSACANTEIRA: Fabril e Xuvenil A.