O Xuvenil B tópase cos postes da portería do UD Santa Mariña
O Xuvenil B empatou (1-1) na súa visita á UD Santa Mariña, en choque correspondente á 15ª xornada na liga Nacional.
O resultado puido ser outro ben diferente, posto que os deportivistas estrelaron 3 disparos nos paus e gozaron de varias ocasións claras para traerse os 3 puntos.
Luque foi ao autor do único tanto branquiazul no campo vigués de Cotogrande.
Con este marcador, o Xuvenil B é 4ª na táboa con 29 puntos.
Xuvenil B: Íker, Roque, Añón, Fito, José Manuel, Pablo Martínez, Portas, Mario, Juanma, Peke e Luque. Tamén xogaron: Víctor, Gonçalo Batista e Do Carmo.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao CD Conxo Santiago.
A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:
Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1 Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito) Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0 ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke) Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1 Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque) Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0 Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario) CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Pol, Novoa e Luque) Xuvenil B 1 (Portas) - CD Calasanz 3 Rápido de Bouzas 0 - Xuvenil B 1 (Novoa) Xuvenil B 6 (Añón, Mario, Juanma -3- e Luque) - CD Lérez 1 CD Areosa 2 - Xuvenil B 1 (Luque) Xuvenil B 4 (Juanma, Peke, Mario e Do Carmo) - Racing Villalbés 0 UD Santa Mariña 1 - Xuvenil B 1 (Luque)