RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B tropeza ante o Pabellón Ourense CF B na súa pelexa polo título da Liga Nacional

O Xuvenil B, inmerso na pelexa polo título da Liga Nacional, caeu (1-3) en Abegondo co Pabellón Ourense CF B. O partido corresponde á 28ª xornada disputada na súa maior parte a pasada fin de semana, data na que o conxunto deportivista participou no Torneo Internacional da Real Sociedad.

Álvaro Mardones puxo por diante ao Xuvenil B aos 3 minutos de partido. Os ourensáns conseguiron empatar ao cuarto de hora e sentenciaron o choque con dous goles máis na segunda metade.

Este marcador deixa ao Xuvenil B segundo na táboa con 63 puntos e un partido máis que o RC Celta B, líder con 65 puntos.

Xuvenil B: Lemos, Álvaro Otero, Ogando, Rubén, Nico, Carlos, Mardones, Adrián Lombao, Kevin, Montero e David Domínguez. Tamén xogaron: Martiño, Noah, Pedro, Marco Baña e Carreira.

O vindeiro sábado 23 de abril ás 18:00, o Xuvenil B visitará ao CD Areosa no campo da Xunqueira en Comesaña (Vigo).

Os resultados do Xuvenil B en liga ata a data son os seguintes:

Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0
Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-)
Xuvenil B 1 (Álvaro Mardones) - RC Celta B 0
Racing de Ferrol 1 - Xuvenil B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira)
Xuvenil B 6 (Álex Delgado -2-, Ogando, Kevin, Nico e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2
Bergantiños CF 1 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 0 - CD Choco 1
CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Rubén, Álvaro Mardones, Ogando e Kevin) - Coruxo FC 1
Pabellón Ourense CF 2 - Xuvenil B 2 (Rubén e Adrián Lombao)
Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Montero) - CD Areosa 1
Xuvenil B 1 (David López) - Racing Villalbés 0
Colegio Hogar SR 1 - Xuvenil B 2 (Nico e David López)
Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Ogando) - Arosa SC 0
CD Calasanz 2 - Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Álex Delgado)
Xuvenil B 3 (Noah, Álvaro Otero e David López) - Alondras CF 1
Xuvenil B 6 (Ogando, Álex Delgado -2-, Montero, David López e Kevin) - Ural Español CF B 0
ED Val Miñor Nigrán B 1 - Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Álex Delgado)
Xuvenil B 3 (Ogando, Nico e Kevin) - Porriño Industrial FC 1
RC Celta B - Xuvenil B, aprazado
Xuvenil B 2 (David López e David Domínguez) - Racing de Ferrol 1
CD Lugo B 1 - Xuvenil B 2 (Álex Delgado e Noah)
Xuvenil B 2 (Adrián Lombao e Rubén) - Bergantiños CF 1
CD Choco 1 - Xuvenil B 1 (Kevin)
Xuvenil B 0 - CD Conxo Santiago 4
Coruxo FC 2 - Xuvenil B 3 (David Domínguez -2- e Rubén)
Xuvenil B 1 (Mardones) - Pabellón Ourense CF B 3