RCD / NOVAS

O xuvenil Juan Rodríguez concéntrase mañá martes coa selección española sub-18

09/09/2019 19:14

O xuvenil deportivista Juan Rodríguez foi convocado pola selección española sub-18 para disputar 2 partidos amigables en Qatar, o sábado 14 e o luns 16 de setembro.

Devanditos encontros, ante a selección qatarí, xogaranse no Aspire Stadium de Doha ás 19:30 hora local (18:30 en España).

Juan Rodríguez, que se concentrará co equipo nacional mañá martes 10 de setembro, colle a substitución do tamén canteirán deportivista David Mella, recentemente citado para uns adestramentos pero da selección española sub-15.