RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Oferta de entradas conxuntas para os partidos ante Granada e Málaga

Xa están á venda as entradas para os dous próximos partidos de LaLiga en Riazor fronte ao Granada da xornada 30 (mércores 5 de abril de 2017, 20:30 h.) e Málaga da xornada 32 (sábado 15 de abril de 2017, 13:00 h.).

Para estes dous partidos, os socios do RC Deportivo poden beneficiarse dunha oferta para conseguir entradas para os 2 encontros por un total de entre 18 e 24 euros, ou para un deles entre 12 e 18 euros.

Para conseguir estas entradas os socios deben adquirilas na Oficina de Atención ao Deportivista (de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.), presentando o seu carné de socio, podendo comprar un máximo de 4 packs ou entradas por carné.

Para o público en xeral, os prezos oscilan entre os 20 e os 40 euros.

Estes son os prezos das entradas, packs e entradas de socio para o Deportivo-Granada e o Deportivo-Málaga:

As entradas de público tamén poden comprarse por internet aquí