RCD / NOVAS

Oferta especial para os socios do Dépor para ver por Footters os partidos que se xoguen fose de Galicia

28/10/2020 11:55

O Real Club Deportivo e Footters, a plataforma que conta cos dereitos audiovisuais dos equipos do Grupo I Subgrupo A que non son galegos (Unionistas, Guijuelo, Zamora e Salamanca), chegaron a un acordo para que os socios do Deportivo poidan ver, por un prezo exclusivo, os 4 partidos que o Dépor xogará fóra de Galicia, así como o resto de retransmisións que ofrece a plataforma en cada xornada da primeira fase da competición de Segunda B e Terceira.

Deste xeito, os socios do Deportivo, cun único pago de 12 euros beneficiaranse do servizo completo da plataforma nesta primeira fase da temporada regular (que ten un custo de 6'99 euros ao mes ou 49,99 euros a temporada). Un aforro importante para os Deportivistas que, deste xeito, poderán ver ese catro partidos (Unionistas, Guijuelo, Zamora e Salamanca) que non poden seguirse audiovisualmente por ningún outro canle, ademais do resto da oferta de Footters.

Para beneficiarse da promoción os socios do Real Club Deportivo deben solicitar o código de alta na plataforma a través desta ligazón: https://footters.typeform.com/to/CHE0KujPS

O resto de partidos do Dépor na primeira fase da temporada (o subgrupo A de o Grupo I de Segunda División B) ante os equipos galegos, tanto en ABANCA-RIAZOR como a domicilio, poderán seguirse en directo a través da Televisión de Galicia.