RCD / NOVAS

Ola John: "Estou contento de estar aquí, nun gran club, cunha gran historia"

13/01/2017 14:25

Ola John (19 de maio de 1992, Zwedru - Liberia) superou esta mañá o recoñecemento médico e asinou o seu contrato que o vincula ao Deportivo ata o 30 de xuño, cunha opción de compra.

Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, no propio hospital HM Modelo da Coruña, o futbolista confesou estar "contento de estar aquí nun gran club, cunha gran historia. A liga española é unha gran liga".

Manifestou que todas as persoas coas que falou "déronme boas sensacións do Club. Hélder Costa e Ivan Cavaleiro dixéronme que moi ben o Club".

A nivel físico, Ola John explicou que acaba de superar unha lesión nos isquiotibiais. "Necesito unha semana para estar preparado para xogar", aclara.

Defínese como un futbolista de banda esquerda: "Gústame centrar, darlle balón aos dianteiros, ir ao un contra un".

A súa chegada ao Dépor vea como unha oportunidade de "coller minutos e demostrarlle ao adestrador que merezo eses minutos".

Preguntado sobre o futuro na Coruña máis aló do 30 de xuño, recalca Ola John que "iso vai depender de como transcorra a tempada. Se o fago ben, se marco goles, verédesme aquí a próxima tempada".

Máis novas de: OLA JOHN