RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oltra e Valerón entregan o martes en Espazo Coruña o Fiat 500 Pop ao socio Antonio Rodríguez

José Luís Oltra e Juan Carlos Valerón, acompañados por Pablo Pereiro e Alejandro Raña, en representación do Deportivo, entregarán o próximo martes 5 de xuño ás 18.00 horas en Espazo Coruñao Fiat 500

Espazo Coruña e o Deportivo ofreceron esta tempada a posibilidade de gañar un coche gratis. Todos os socios que retirasen o seu abono para a tempada 2011-12 participaron nun sorteo ante notario. Os 101 socios elixidos o sorteo tiveron a oportunidade de gañar o Fiat 500 Pop.

Para iso, eses 101 socios tiñan que marcar un gol a portaría baleira desde o medio do campo do Mundo do Fútbol. As persoas que fallaron recibiron alí mesmo unha mochila do Dépor e unha camiseta de paseo Lotto.

Ademais, o Club repartiu entre os seus socios entradas para os partidos en Riazor para o palco presidencial e os palcos VIP; e carnés de agasallo para a próxima tempada.