RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oltra: Non hai que lanzar as campás ao voo

José Luís Oltra mostró prudencia esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol, tras o bo partido do equipo en Córdoba. "Non hai que lanzar as campás ao voo. Creo que o equipo está asimilando ben os concep

O técnico deportivista eloxiou ao rival de mañá, o Cartaxena, e lembrou que é un equipo "feito para ascender". Oltra advirte iso si que o Deportivo irá a por o tres puntos, sen importarlle por exemplo o estado do terreo de xogo de Cartagonova: "Non quero coartadas. Non é o meu estilo. Temos que ser capaces de superar calquera circunstancia, e o campo é unha máis".

Mostrou Oltra a súa satisfacción pola recuperación dos lesionados (Borja, Bruno Gama, Manuel Pablo, Pablo Álvarez e Xisco), aínda que evitou marcarse prazos para contar con eles no once. "Hai que ir sen présa pero sen pausa".

Por fin, sobre a participación de Valerón no equipo inicial, tras xogar o sábado en Córdoba, e co partido do Xirona o domingo en Riazor, o adestrador do Dépor veo "capacitado para xogar tres partidos nunha semana. Non hai máis que ver como adestra, o implicado que está. A el quéreno no vestiario, os seus compañeiros, no vestiario rival, as afeccións contrarias..."