RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oltra: Sorpréndeme o bo ambiente que hai no vestiario

José Luís Oltra, apenas nove días después de arrincar a pretemporada, segue sorprendido polo "bo ambiente" que hai no vestiario do Deportivo. Tivo palabras de eloxio cara aos seus futbolistas polo seu "boa predisposici&

Rubén Pérez e Gardado realizaron hoxe con normalidade a sesión de traballo na Magdalena, no que o balón foi de novo o protagonista. "Mentres ninguén me diga nada os dous son para min como o resto. E se Gardado queda ao final, pois José Luís Oltra adestrador do Deportivo será o tío máis feliz do mundo", apunta. Si asegurou que os dous xogadores non participarán nos dous amigables desta semana, en Viveiro este venres e en Vilalba o domingo. "Aínda lles falta ese período de aclimatación tras as vacacións. Si farei que xogue o resto. Loxicamente uns o farán máis e outros menos", conclúe.
 
Non se mostrou preocupado pola chegada dun dianteiro e un porteiro. "O club traballa amodo pero seguro", opina sobre o ariete. "Agora mesmo poderiamos empezar xa con Riki e Lassad; e con xogadores que poden actuar aí e que teñen chegada, caso de Valerón ou Pablo", puntualiza. En canto á portaría, "temos seguro que ao mellor porteiro de Segunda e a un dos mellores do fútbol español. E tanto Marc como David son novos e con moitas ganas de aprender".
 
Tras a sesión matinal de hoxe mércores sen incidencias, esta tarde, a partir das 18.30 horas, o equipo volverá traballar na Magdalena.