RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oriol cre que estamos a un 200% tentando mellorar todos os aspectos técnicos, tácticos e físicos

Oriol Rise atendió aos medios de comunicación unha vez finalizada a única sesión de adestramento prevista para hoxe sábado en Uruguai. Sobre a convivencia co RC Celta, aloxado no mesmo hotel que o RC Deportivo, di o dian

Ve Oriol unhas sesións de traballo intensas: "Estamos a un douscentos por cen, tentando mellorar aspectos técnicos, tácticos e físicos. Estamos a tentar mellorar e cada día estar mellor".
 
A nivel persoal, opina o ariete branquiazul que "a tempada pasada foi unha tempada difícil onde se contou moi pouco. Espero outro tipo de situación, o feito de poder ser máis importante no equipo, de poder contar con máis oportunidades, máis minutos, e oxalá que sexa así".
 
Asegura que non lle ten medo á competencia por xogar: "Sempre é boa, é sa. Tívena sempre, en todos os equipos. Un sempre aspira a ser titular e poder xogar todo pero moitas veces pódese ser importante de moitas maneiras. E iso é o que tentamos facer todos".
 
Sobre o encontro de mañá domingo (21.00 horas en España, TVG), "imos tentar mellorar as pequenas cousas que fixemos mal o outro día. Fixemos cousas moi boas. Ao final unha falta decántache o partido. Estamos aquí para mellorar, para encarar o primeiro partido de Liga para estar ao cento por cento".