RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oriol Rise advirte que ''o que baixe os brazos é o que vai baixar''

Oriol Rise vaticina loita sen cuartel pola permanencia ata o último segundo da liga. Así, aseguró en rolda de prensa en Abegondo que "agora mesmo estamos nun momento en que quen entre nunha dinámica negativa, mentalmente f

Recoñece o dianteiro deportivista que "non están a saír as cousas como nós queriamos. Queriamos máis puntos, pero estamos aí. Non queda outra que seguir sumando, seguir tirando, tirando".

Insiste Oriol que "o que baixe os brazos é o que vai baixar. Está o Granada, que está debaixo nosa, pero ten posibilidades de salvarse tamén. Quen deixe de pisar o acelerador, é o que se mete".

Cualifica os encontros de Málaga e Elxe como "importantísimos para marcar o que vai ser o final de tempada. Hai que ir coas ganas de competilo ao máximo, de sacar puntos, de pensar que nos xogamos en cada balón a posibilidade de sumar e de estar máis tranquilos".

A xuízo de Oriol, "da parte baixa non hai ningún equipo salvado. Pode pasar de todo. Ata o último partido ésto non se decidirá. Será unha toma e daca constante e éso é o que nos queda ata o final".