RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os 3 novos socios de ouro e brillantes, 11 de ouro e máis de 400 de prata do Real Club Deportivo recibiron as súas insignias

Os socios que este ano cumpren 50 e 25 anos como abonados da entidade recibiron onte xoves 31 de outubro as correspondentes insignias de ouro e prata do Club, ás que este ano houbo que engadir 3 escudos de ouro e brillantes para 3 abonados que alcanzaron os 75 anos vinculados á entidade.

Os abonados máis fieis do Deportivo celebraron a súa festa no hotel Meliá María Pita. Os novos socios 3, 4 e 5 do Club, Manuel Soto Cousido, Tomás Pulleiro Ríos e José Ramón Docal Labaén, que se deron de alta coincidindo coa estrea do Estadio de Riazor en 1944, recibiron a insignia de ouro e brillantes. Outros 11 socios (2 deles a título póstumo) recibiron de mans do presidente Paco Zas a súa insignia de ouro e o diploma acreditativo da súa histórica relación co Dépor.

En nome dos homenaxeados tomou a palabra Tomás Pulleiro Ríos, socio número 5, mentres que o presidente do Deportivo, Paco Zas, pechou as alocucións a todos os presentes antes de comezar coa entrega e posterior comida homenaxe.

Pola tarde, os 435 novos socios de prata do Deportivo déronse cita en Palexco para recibir a súa insignia nunha gala conducida por Antón Lezcano e que serviu para lembrar nun vídeo e con diversas anécdotas e historias os momentos desde que son abonados. En nome do resto de socios falou Javier Francisco Rodríguez García.

Foron dous actos de emoción e festa, de recordos e historias comúns que un ano máis se converteron no acto social máis importante do Club.

As imaxes das xornadas atópanse publicadas, ademais de en esta páxina oficial do Club, no perfil de Facebook do Real Club Deportivo. Todos os socios que desexen ter estas fotos con maior calidade ou noutro formato, poden solicitar persoalmente o arquivo na Oficina de Atención ao Deportivista, que abre de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e os sábados, se ese domingo o equipo xoga en ABANCA-RIAZOR ou por calquera outro motivo pertinentemente comunicado, de 10.30 a 13.30 horas.

FOTOS ACTO ENTREGA INSIGNIAS OURO E BRILLANTES E OURO 2019

FOTOS ACTO ENTREGA INSIGNIAS PRATA 2019

FOTOS SOCIOS DE OURO E BRILLANTES E OURO 2019

FOTOS SOCIOS DE PRATA 2019