RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os 4 internacionais e Koné regresan á convocatoria para o choque de mañá en ABANCA-RIAZOR

Os internacionais branquiazuis que foron baixa obrigada a pasada fin de semana nas Palmas regresan á lista de convocados de Luis César para o choque de mañá domingo 20 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF (16:00 horas, #Vamos).

Así pois, Gaku, Mollejo, Montero e Lampropoulos súmanse á lista de 19 convocados facilitada esta mañá por Luis César tralo seu paso polas súas respectivas seleccións.

Tamén regresa Koné, que esta mañá recibiu a alta médica. Quedan fóra da convocatoria por lesión Somma e David Simón.

Os convocados concéntranse esta tarde no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.

Esta mañá, baixo unha persistente choiva, o técnico deportivista dispuxo un partido táctico 11 contra 11 e, para concluír, repaso de accións a balón parado. En ambas as tarefas participaron ademais os fabrilistas Boian, Bourdal e Valín.

Tralo partido, todo o cadro adestrarase de novo o martes 22 de outubro ás 11:00 horas.