RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os alcaldes da Coruña e Abegondo arroupan ao Dépor

A poucas horas de iniciar o reto do regreso á Segunda División, o Deportivo recibiu esta mañá na Cidade Deportiva un empuxón institucional a cargo da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e do alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes.

Ambos os edís foron acompañados polos seus respectivos concelleiros de deportes e por unha representación do Consello de Administración do Real Club Deportivo: José Antonio Armenteros, Ricardo González, José Luis Queijeiro e Federico García Poncet.

A alcaldesa da Coruña mostrouse convencida, nas súas palabras ao cadro de xogadores e técnicos, de que se vai a alcanzar o obxectivo e da unión entre o equipo e a cidade; á vez que demostrou especialmente o seu agarimo cara a Fernando Vázquez e o capitán Álex Bergantiños.

Unha foto de familia puxo o punto e final á visita institucional desta mañá.