RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os alumnos da Escola RC Deportivo gozan das instalacións de Abegondo

Os alumnos das diferentes quendas da Escola RC Deportivo matriculados neste mes de xaneiro gozaron hoxe dunha xornada especial ao cambiar por un día as instalacións de PadelPlus en Alvedro polo céspede natural da Cidade Deportiva de Abegondo. Partidos entre todos os xogadores participantes nos campos 7 e 8 de Abegondo centraron a actividade nesta última semana de traballo do mes de xaneiro baixo a atenta mirada dos técnicos da Escola.

Aínda é posible inscribirse para sumarse no mes de febreiro aos adestramentos dun novo mes da Escola RC Deportivo. Na nova páxina web para a xestión da Escola (escola.rcdeportivo.es), con área privada para pais e alumnos, xestión de pagos e horarios e información personalizada do alumno é posible completar todo o proceso de inscrición en todas as quendas e horarios.

A Fundación Real Club Deportivo ten activa, por segunda temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan, a cuberto, contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo. Esta temporada a sede principal trasladouse ao campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus (Alvedro): Como chegar?

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es  ou no número de teléfono 981 25 95 00.