RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os alumnos do Fernández Latorre gozaron de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' en Abegondo

Medio centenar de alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre visitaron a Cidade Deportiva de Abegondo nunha nova xornada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'. Os estudantes do centro educativo do Castrillón compartiron boa parte da mañá con Sara del Estal e Rubén Martínez, futbolistas do Dépor ABANCA e o primeiro equipo, despois de seguir desde o mesmo terreo de xogo o adestramento do conxunto dirixido por Cristóbal Parralo.

Antes do encontro con Sara e Rubén, como vén sendo habitual os mozos recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Blanquiazul'. A xornada acabou coa entrega de postais asinadas por ambos os futbolistas e coa foto de familia na bancada do campo principal de Abegondo.

A experiencia deportivista dos alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre aínda non terminou, xa que vivirán en ABANCA-RIAZOR o vindeiro partido ligueiro do Dépor, fronte ao Levante o sábado 27 de xaneiro.