RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Amigo Dépor veciños do Estadio xa teñen as súas camisetas de "Ás Barras"

O Real Club Deportivo continúa colaborando con Estrella Galicia na campaña "Ás barras". Neste caso, achegándose até as barras dos establecementos hostaleiros que son ademais Amigos Dépor. Os conselleiros José Luis Queijeiro e Federico García Poncet están a visitar a todos os Amigos Dépor nos seus locais de hostalaría para facerlles entrega da súa camiseta de "Ás barras" personalizada para mostrar o respaldo do Club a estes hostaleiros que apoian directamente ao Deportivo a través deste programa de patrocinio.

Para completar as entregas, os últimos en recibilas foron os propietarios de O Sieiro, O Rompeolas e a Pulpeira do Rompeolas, todos eles situados fronte ao Estadio ABANCA-RIAZOR. Forum Riazor, A Compe, O Chaflán, O Serrano, O'Secreto, Cervexarías O'Sampaio e Casa Juana foron os primeiros establecementos en recibir este detalle en agradecemento ao seu apoio e como respaldo á campaña de Estrella Galicia. Unha campaña que se prolonga durante todo o tramo final da temporada para apoiar á hostalaría e tratar de revitalizar o sector após o peche destes últimos meses.

O equipo está a vestir unha edición especial de camisetas na que aparecen ademais os nomes dos locais de hostalaría máis emblemáticos da cidade. O obxectivo é visibilizar así o seu respaldo ao sector hostaleiro e animar aos consumidores a regresar ás barras.

Esta acción vai acompañada dunha bancada virtual (alasbarrasresistencia.com) na que os afeccionados de cada equipo poderán participar en sorteos así como realizar achegas destinadas ás Asociacións de Hostaleiros da Coruña co fin apoiar distintas iniciativas que contribuirán á progresiva recuperación do sector en cada unha das cidades con equipos patrocinados por Estrella Galicia. Tamén, por cada camiseta do Deportivo vendida nas tendas oficiais do Club co novo logotipo, en colaboración con Estrella Galicia destinarase parte do importe a apoiar esta iniciativa.