RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os capitáns do Dépor resolven o asunto Munúa e Aouate: Os dous son importantes para o equipo

O catro capitáns do Real Club Deportivo, Valerón, Manuel Pablo, Sergio e Coloccini, compareceron na sala de prensa do Mundo do Fútbol para resolver dunha vez por todas o asunto da portería. "Expresámoslle ao míster o noso

Sergio cualificou tamén a Aouate como "un compañeiro da hostia, moi importante para nós", aínda que tamén destacou que "hai circunstancias que se deben de quedar no vestiario e non temos porqué explicar nin desvelar", en referencia ás desculpas que ten que pedir Aouate aos seus compañeiros.

O técnico do Deportivo, Miguel Anxo Lotina, puxo o pasado luns como condición indispensable para que Aouate e Munúa volvan ao grupo e, segundo indicou o adestramento vasco "a petición dos capitáns", que "falen entre eles e que arranxen as súas diferenzas" e, ademais, que "pidan desculpas públicas, aos seus compañeiros de vestiario e aos afeccionados". Lotina deulles de prazo ata o vindeiro luns 21 de xaneiro. Gustavo Munúa xa deu un primeiro paso o mesmo luns, cando nunha rolda de prensa en Riazor pediu perdón "a Aouate, á súa familia, aos que o coñecen e a todos os afeccionados", á vez que se puxo a disposición do internacional israelí para resolver as súas diferenzas.

Independentemente de ésto, o Club xa notificou tanto a Gustavo Munúa como a Dudu Aouate a apertura dun expediente disciplinario, que pode acabar ou non en sanción para os futbolistas.

Mentres tanto, hoxe mércores Aouate adéstrase no Mundo do Fútbol con José Sambade, preparador de porteiros, ás 14.30 horas e Munúa farao a partir das 20.30 horas.