RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''Os culpables somos nós, os xogadores, os que saímos ao campo'', confesa Florin Andone

  Florin Andone compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Manifestó que "sempre que as cousas van mal, todos miramos ao adestrador. Os culpables somos nós, os xogadores. Os que

"Cando gañamos, o adestrador non é nin mellor nin peor. É o mesmo. É culpa dos xogadores, os xogadores temos a culpa da situación na que estamos", engade o dianteiro deportivista.

Ao seu xuízo, "eu e os meus compañeiros estamos encantadísimos co adestrador (Gaizka Garitano). É un adestrador moi capacitado para estar aquí no Deportivo, un adestrador que nos achega moitísimo".
 
Confesa que "estamos fodidos polo resultado" de #ONosoDerbi, "fodidos pola situación na que estamos, pero optimistas, con ganas de traballar, con ganas de aprender, con ganas de facer as cousas ben e con moitísimas ganas de que chegue o partido do luns, para tentar facer un bo partido e gañalo".
 
Cre que a situación do Dépor é produto dun "refacho, un pouco negativa agora mesmo. Pero ímoslle a dar a volta seguro. Levamos nove xornadas, quédannos moitísimas por diante por disputar, moitos partidos por xogar, moitos minutos para demostrar. Imos meter moitos goles. O importante é traballar ben, tentar facer as cousas o mellor posible, tentar non recibir goles e a ver se podemos ter máis achega os dianteiros e a parte ofensiva para poder gañar os partidos".
 
A nivel persoal, asegura estar "ben. Teño unha pequena molestia no xemelgo. Estou a ter coidado para que non vaia a máis. Decidimos ter un pouquiño máis de coidado neste aspecto para tentar chegar o mellor posible ao partido do luns".