RCD / NOVAS

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 xa están en marcha Inscricións abertas!

06/05/2019 13:46

Co arranque do mes de maio, os DéporCampus Cabreiroá 2019 comezan a súa actividade organizativa coa apertura das inscricións en todas sedes, entre elas a central en Abegondo, que este ano terá novas actividades lúdicas ademais da festa de peche a última xornada de cada un das quendas. Seis semanas de actividade cos mesmos prezos que na edición 2018 para todos aqueles que se inscriban antes do 1 de xuño. Toda a información e inscricións (que só poden efectuarse vía telemática) está dispoñible en www.deporcampus.rcdeportivo.es.

Ademais de Abegondo e as sedes internacionais de Miami, Virginia e Xangai, continúan as citas no catro provincias galegas e outros puntos do país. Este ano serán sede dos DéporCampus Cabreiroá 2019: nas Pontes, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Camargo (Cantabria), Cuntis, Monforte, Ourense e Viveiro.