RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os DéporCampus Cabreiroá de Nadal comezaron hoxe en Alvedro e Sada

Os DéporCampus Cabreiroá regresan un ano máis en Nadal. Novamente a sede indoor da Escola RC Deportivo, Pádel Plus, en Alvedro, mantén as súas portas abertas a semana de fin de ano para levar a cabo esta proposta formativa e de lecer da Fundación Real Club Deportivo. A ela súmase por segundo ano consecutivo a sede de Sada, no Campo de Fútbol Municipal das Mariñas, para chegar a máis nenos e nenas da provincia da Coruña.

Un total de 56 alumnos participantes entre as dúas sedes comezaron hoxe esta actividade que se desenvolverá até o vindeiro mércores 30 de decembro.

A todos entregóuselles o seu equipamento oficial e a súa máscara. Nesta primeira sesión gozaron dunhas xornadas de tecnificación. Mañá martes 29 de decembro, todos os participantes levarán a cabo unha sesión de xogos de relación con balón xunto con xogos predeportivos. Na xornada final, o mércores 30 de decembro, os DéporCampus Cabreiroá de Nadal chegarán ao seu fin con varias gymkanas de desafíos técnicos e os tradicionais sorteos de agasallos e entregas de diplomas.

En ambas as sedes aplícase un rigoroso protocolo anti-COVID. Por iso, o número de prazas no DéporCampus Cabreiroá de Nadal de Alvedro quedou moi limitado ao ser instalacións cubertas con capacidade marcada.