RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os DéporCampus Cabreiroá Nadal 2019 tocaron ao seu fin

Os DéporCampus Cabreiroá Nadal 2019 pecharon as súas portas este mediodía nas súas dúas sedes, despois de tres intensas e inesquecibles xornadas desta proposta formativa e de lecer da Fundación Real Club Deportivo, cuxo colofón foi a entrega de diplomas a todos os participantes.

Pádel Plus, en Alvedro, e Sada acolleron a actividade durante os días 23, 26 e 27 de decembro para nenas e nenos entre 6 e 14 anos. A sede da Escola RC Deportivo, baixo teito, acolleu o traballo de 27 xogadores, mentres que outros 36 traballaron a descuberto, nesta semana na que o tempo deu unha tregua, no campo de fútbol das Mariñas, en Sada.

Con estas dúas actividades púxose punto final aos DéporCampus Cabreiroá 2019, que tiveron actividade en Semana Santa, verán e nadal, atendendo a nenos e nenas en todos os períodos vacacionais do ano.