RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os DéporCampus Cabreiroá pecharon a súa segunda semana o pasado venres e iniciaron a terceira onte luns

O pasado venres 9 de xullo clausuráronse os DéporCampus Cabreiroá 2021 de Abegondo (segunda quenda), Caranza, Boiro, Ourense e Viveiro. Nestas cinco sedes, que estiveron en funcionamento desde o luns 5 até o venres 9, participaron 300 nenos e nenas. Todos puideron gozar dunha xornada final con diferentes desafíos técnicos, gymkanas, sorteos de agasallos e entrega de diplomas como recordo da súa participación na actividade.

Onte luns comezaron os DéporCampus Cabreiroá 2021 de Abegondo (terceira quenda), Silleda, Monforte e Bertamiráns, cun total de 206 participantes entre as catro sedes.

Aquí podes ver as fotos da sede de Abegondo e nesta ligazón as imaxes doutras sedes.

Como aspecto importante cabe destacar que os DéporCampus Cabreiroá 2021 están a levarse a cabo baixo un estrito protocolo de seguridade fronte ao COVID-19 e a participación está a ser un éxito.

Durante esta semana continúan abertas as inscricións para os DéporCampus Cabreiroá 2021 de Cuntis, Zas e Abegondo (cuarta quenda), que se pecharán este xoves 15 ás 12:00.

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.