Os dous equipos alevíns e o Benxamín B afrontan torneos amigables esta fin de semana
Os dous equipos alevíns do RC Deportivo e o Benxamín B afrontan esta próxima fin de semana torneos amigables en Vilagarcía de Arousa, Osnabrück (Alemaña) e Camariñas.
Así, o Alevín A compite na 22 edición da Arousa Fútbol 7, no campo da Lomba de Vilagarcía. O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo C, co Celta, Atlético de Madrid, Paris Saint-Germain e Xuventude de Oroso.
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Venres 12 de maio 11:55: ALEVÍN A - PARIS SAINT-GERMAIN 16:55: XUVENTUDE OROSO - ALEVÍN A
Sábado 13 de maio 15:10: ATLÉTICO DE MADRID - ALEVÍN A 20:25: ALEVÍN A - CELTA
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final; mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso o domingo 14 de maio.
O Alevín B, na cidade xermana de Osnabrück
O Alevín B participa no Reno Cup, cuxo escenario será a cidade alemá de Osnabrück, no estado da Baixa Saxonia.
O cadro branquiazul forma parte do grupo B, co Arminia Bielefeld, Borussia Neuenhaus, FC Bissendorf, FV Neuenhain e Burg Gretesch I.
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Sábado 13 de maio 9:00: ALEVÍN B - FV NEUENHAIN 9:38: FC BISSENDORF - ALEVÍN B 10:16: ALEVÍN B - BORUSSIA NEUENHAUS 10:54: ARMINIA BIELEFELD - ALEVÍN B 11:32: BURG GRETESCH I - ALEVÍN B
Segundo clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha Segunda Fase, que se celebra inmediatamente.
O Benxamín B xoga en Camariñas
O Benxamín B xoga este sábado 13 de maio a segunda edición do Torneo As Baleas, que se desenvolverá no campo de fútbol Hermanas Patiño de Camariñas.
O conxunto deportivista que dirixe David Lagar terá como rivais ao conxunto anfitrión de As Baleas, ademais do Cabana, Fisterra e Corme.
O calendario da Primeira Fase do equipo deportivista é o seguinte:
11:30: BENJXAMÍN B - AS BALEAS (campo A) 13:00: BENXAMÍN B - CABANA (campo A) 14:30: BENXAMÍN B - FISTERRA (campo B) 16:00: CORME - BENXAMÍN B (campo B)
O catro primeiros pasan a semifinais, que se xogan a continuación.