RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os dous técnicos cren que o ascenso do Fabril é xusto

Os dous adestradores, Cristóbal Parralo e Adolfo Muñoz, deron por xusto o ascenso do Fabril á Segunda División B.

Así, Cristóbal Parralo manifestou ante os medios informativos que "todos os rapaces achegaron moitísimo. Todo o protagonismo é dos xogadores, competiron moi ben e estiveron á altura das circunstancias".

Interrompido por varios dos seus futbolistas na súa comparecencia, cre que a tempada "foi dura, difícil. Estou moi contento polos rapaces. Creceron moitísimo, souberon competir en todo momento".

Pola súa banda, Adolfo Muñoz, técnico do CP Cacereño, indicou que "no partido houbo momentos puntuais onde puidemos marcar algún gol. Pero en liñas xerais, vimos un Deportivo que tivo o balón, con fútbol combinativo. Xogamos un bo partido, igualamos fases do xogo onde eles teñen puntos fortes. A clave estivo no gol tan cedo que nos fixeron no segundo tempo. E logo metémolo atrás, presionamos. Tivemos unha acción moi clara que era o 1-1 no minuto oitenta e tantos. Canda o segundo gol estabamos todos envorcados, había moito espazo".

Felicitou ao Fabril polo ascenso: "Deséxolles o mellor, e a Cristóbal, que é amigo meu. Hai que tirar para adiante, apertar os dentes e recuperar á xente animicamente, que sei que están afectados".