RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Os equipos da canteira sitúanse en posicións dianteiras

Despois deste fin de semana, a maior parte dos equipos da canteira sitúanse ou xa se manteñen nas zonas altas da clasificación; moitos no liderado, caso dos dous equipos infantís, os dous equipos alevíns e os dous benjamines.

En Terceira División, o Fabril logrou esta mañá ante o Ribadumia (5-0) tres valiosos puntos, despois de dous últimos resbalones lonxe da cidade deportiva.

O partido do Deportivo ante o Sevilla (hoxe sábado ás 13.00 horas en Riazor) obrigou a modificar o horario de varios partidos da canteira deportivista que xogaron en Abegondo.

Así, o partido do Infantil A ante o Calasanz xogouse o pasado venres, con xusto triunfo deportivista (5-1), resultado que o converte en líder da liga Galega.

Ademais, o encontro do Infantil B (18-0) ante o Paiosaco xogouse antes do horario habitual; e atrasouse en media hora o choque do Xuvenil A ante o Areosa, que acabou nun empate (1-1) que soubo a derrota, polas numerosas ocasións desperdiciadas polos branquiazuis.

Actuaron como visitantes nesta ocasión: Xuvenil B (2-2) e Cadete A (1-5), ambos en Vilagarcía nun dobre duelo ante o Arousa, marcado polo mal tempo reinante en Galicia.

Descansou o Cadete B, posto que o seu rival este fin de semana, o Xuventú de Aguiño, retirouse da competición do grupo 1º da liga Galega.

Finalmente, en categoría feminina, o Deportivo Feminino B tivo derbi coruñés ante a Torre. O cadro deportivista logrou (1-2) con xustiza a súa primeira vitoria na Primeira División Autonómica.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División

FABRIL 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - RIBADUMIA 0

Categoría Feminina

Primeira División Autonómica: TORRE 1 - DEPORTIVO FEMININO B 2 (Noe e Ainhoa)

Categoría Xuvenil

División de Honra: XUVENIL A 1 (Boedo) - AREOSA 1

Liga Nacional: AROUSA 2 - XUVENIL B 2 (Rivera -2-)

Categoría Cadete

División de Honra: AROUSA 1 - CADETE A 5 (Veiga, Mosquera, Litos e Pichu -2-)

Categoría Infantil

Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 5 (Fika, Novoa, Iago, Javi e Chucas) - CALASANZ 1

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 18 (Hugo Baldomar -4-, Trigo -3-, Alex -3-, Quique -3-, Roque -2-, Iván -2- e Dani) - PAIOSACO H. AÑÓN 0

Categoría Alevín

Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: CALASANZ A 1 - ALEVÍN A 2 (Domínguez -2-)

Segunda Comarcal A Coruña: CALASANZ C 0 - ALEVÍN B 4 (Adrián, Pablo, Luís e Samuel)

Categoría Benjamín

Primeira Comarcal A Coruña: BETANZOS 0 - BENJAMIN A 3 (Bruno, Dani e Marcos)

Segunda Comarcal A Coruña: BENJAMÍN B 23 (Xabi, Guille -2-, Raúl, Santiago -2-, Anxo -4-, Diego -4-, Isma, Eder -3-, Nico -3- e Mosquera -2-) - RAIO SADENSE B 0