RCD / NOVAS

Os erros individuais penalizan ao Dépor ABANCA B en Oviedo

09/02/2020 14:50

Os erros individuais penalizaron ao Deportivo ABANCA B na súa visita (3-1) ao Oviedo Moderno CF B, correspondente á 18ª xornada no grupo 1º da Primeira Nacional.

Adiantou Nuria Torres ás deportivistas, pero as ovetenses aproveitaron os fallos blanqiazules para, nos seus 3 únicos disparos a porta, darlle a volta ao encontro e amarrar os 3 puntos.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é 5º na táboa con 33 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Patri López, Laura Rivas, Patri Díaz, Ainhoa, Lara, Nuria Torres, Alba Suárez, Carlota, Navia e Aroa. Tamén xogaron: Lucía, Antía, Sara Piñeiro e Bermúdez.

Toca agora parón ligueiro. O próximo 1 de marzo, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Victoria CF no derbi coruñés da categoría.

Os resultados até a data do equipo que prepara Kevin Cabado son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)
CDE Racing Féminas B 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa)
Deportivo ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - Sporting de Gijón B 0
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri Díaz -2- e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 3 (Nuria Torres -2- e María Calvo) - Viajes InterRías FF 3
Oviedo Moderno CF B 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)